Falta de profundidade
A película de Ang Lee, Brokeback Mountain, chegou a España abalada polo éxito que tivera nas salas norteamericanas, onde alcanzou a maior cota da pantalla do pasado ano. A inusual historia de amor entre dous vaqueros gais fixo estragos nun público poco acostumbrado as relacións homosexuais na gran pantalla, sobre todo no ortodoxo condado de Utha onde foi prohibida a exhibición nunha sala. Os seus protagonistas, Heath Ledger (Ennis del Mar) e Jake Gyllenhaal (Jake Twist) interpretan a rudos vaqueros gais , obrigados a manter escondido o seu amor durante máis de 20 anos. A priori, un argumento inusual con moitas expectativas que defrauda cando se encenden as luces da sala. Lenta e carente de un argumento profundo queda moi lonxe do que sería una película merecedora dos catro globos de oro que posúe e das oito nominacións os Oscar que se celebrará o próximo domingo en Los Ángeles. Pero non é cousa da actuación, moi lograda por parte dos actores e cunha fotografía impecable, o erro está nun guión con poucas historias secundarias que arroupen a trama central. Os encontros sexuais entre Ledger e Gyllenhaal deixan patente a calidade dos dous, demostrado en escenas con tanta forza como a do recibimento nas escaleiras da casa de Ennis despois de anos de ausencia. Esa imaxe e xunto coa fotografía nas montañas de Brokeback é o máis conseguido do filme. Heather Ledger está nominado para o Oscar o mellor actor pola excelente interpretación dun vaquero rudo, incapaz de expresar os seus verdaderos sentimentos. Casado cunha Michelle Williams, na película e na vida real, Ledger perfilase como o mellor candidato ao Oscar.

nando dijo
Esta pelicula e anticonstitucional.Fungairiño ataca
8 Febrero 2006 | 10:21 PM